Ir o contido principal

Do 20 de xuño ao 31 de xullo do 2023 - 10:30h O tecido tradicional: a colcha Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia

 

O téxtil ten un peso considerable na colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Proba disto é a colcha ou cobertor que se presenta neste vídeo. Este cobertor, regalo persoal do etnógrafo e historiador ourensán Xaquín Lorenzo “Xocas” á doante da peza, é unha mostra fantástica de teceduría artesá que permite achegarnos ao amplo campo do téxtil tradicional.

Está composta por tres panos de liño feitos en tear manual cosidos entre si polo revés. A lá de cores da trama fai a decoración, que tradicionalmente chámase gorullo. Neste caso, é unha colcha alta, posto que a lazada que sobrepasa a superficie fai que o debuxo quede en relevo. Os temas decorativos son mostras ilimitadas de motivos esquemáticos dispostos de forma simétrica. Os flocos están feitos en tear, aparte.

Pódese ver o video aquí:

O tecido tradicional: a colcha