Ir o contido principal

20 de maio - 11:00h Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.

César Lema (biólogo)

11:00 h a 14:00 h / Rúas da zona vella de Santiago e Museo

Todos os públicos

25 persoas

Necesaria reserva en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881 867 401