Ir o contido principal

21 de maio - 11:00h Obradoiro de construción de zoadeiras Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.

Mauro Sanín (músico da Central Folque)

11:00 h a 12:00 h / Soportais do Museo

Todos os públicos (os menores deberán estar acompañados)

Máis información en museoperegrinacions.xunta.gal/gl/actividades