Ir o contido principal

21 de abril - 17:30h Escola de escribas Actividades do día do libro no MUPEGA

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Imprescindible reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Día do libro

Sábado 22 de abril de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 (ata esgotar existencias)

Para celebrar o Día do Libro as persoas que se acheguen a visitar o Museo Pedagóxico de Galicia durante a xornada do 22 de abril poderán levar como agasallo un libro. A entrada ao museo, coma sempre, será gratuíta.