Ir o contido principal

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

MIES É+ TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA 2023

29 xaneiro 2023 - 09 maio 2023

11:00-13:00 h

Coordinación: Virginia Villar

Dirección: Fermín Blanco

 

O CGAC presenta a oitava edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil.

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS Xornada sobre a cultura castrexa no Val Miñor

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN

10:00 Rosa Villar Quinteiro: Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión.

10:45 Darío Peña Pascual: Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán

11:45 Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau: O Castro de Panxón

12:45 Pausa cafe

EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO

13:00 Rafael Rodríguez: O Castro de Santa Trega, A Guarda.

 

Entrada libre ata completar aforo (60 persoas). É necesario reservar praza.

A Xunta de Galicia licita a ampliación do Museo Massó de Bueu

A Xunta de Galicia licita a ampliación do Museo Massó de Bueu

O prazo para a presentación de ofertas remata o 27 de marzo.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades abre o prazo de licitación e adxudicación das obras de ampliación do Museo Massó de Bueu, cun presuposto de 1.117.143 euros e que contará co financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea (UE). As empresas interesadas en optar a este contrato teñen de prazo ata as 14.00 horas do próximo 27 de marzo para presentar as súas ofertas, tal como se recolle na plataforma de contratación Contratos Públicos de Galicia.

O MDPS en clave de xénero

O MDPS en clave de xénero

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller do 8 de marzo de 2023, o Museo das Peregrinacións e de Santiago publica unha nova exposición virtual na que se analiza unha selección de fondos en clave de xénero.

A exposición está dividida en diversas seccións temáticas desde un variado enfoque de análise: fondos vinculados a mulleres peregrinas, producións artísticas autoría de mulleres e unha selección de obras que responden a diversas perspectivas históricas cunha formulación de xénero.

Entrevista con Emilia Díaz Losada, investigadora na EVEGA, sobre o seu labor no eido da viticultura.

Entrevista con Emilia Díaz Losada, investigadora na EVEGA, sobre o seu labor no eido da viticultura. Celebración do día das mulleres 8 de marzo

Con motivo da celebración do día das mulleres o 8 de marzo, falamos con Emilia Díaz Losada, investigadora na EVEGA, sobre o seu labor no eido da viticultura.

Entrevista en Youtube aquí

 

A Xunta apoia unha vintena de concellos e entidades para a conservación e o impulso dos seus museos

A Xunta apoia unha vintena de concellos e entidades para a conservación e o impulso dos seus museos

A Xunta de Galicia apoia este ano un total de 21 concellos e entidades sen fins de lucro para a conservación e a mellora dos seus centros museísticos públicos e privados, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia. A medida enmárcase no Plan Xeración Cultura, a folla de ruta dotada de 34M€ coa que o Goberno autonómico achega de ferramentas aos axentes culturais para, entre outros obxectivos, mellorar e impulsar o legado e as infraestruturas culturais.

X Concurso de Fotografía 2023: Ao amparo da boa sorte

X Concurso de Fotografía 2023: Ao amparo da boa sorte Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio, o Museo Liste - Etnográfico de Vigo convoca unha nova edición do seu Concurso de Fotografía. Este ano baixo o título Ao amparo da boa sorte.

Convidámosvos a fotografar pezas como amuletos e talismáns que seguen a ser elementos presentes no noso día a día respondendo ao universal desexo humano de atraer a boa sorte e afastar o mal fado.

0 seu estudo servirá como exercicio reflexivo sobre a supervivencia destas crenzas.

Podedes enviar as vosas fotografías ata o 25 de abril

VI Ciclo Música de cámara no museo

VI Ciclo Música de cámara no museo Conservatorio profesional de música

o Conservatorio Profesional de Música da Coruña presenta o VI ciclo de Música de Cámara no Museo.

O programa será o seguinte:

- 4 de marzo:

Cuarteto de cordas

ensemble de tubas

Grupo de percusión Atacca

- 11 de Marzo

Duo violín e violonchelo

Ensemble barroco

Quinteto de metais

- 18 de marzo

Cuarteto de cordas

Trío frauta clarinete e piano

Ensemble canto e piano

 

VI Ciclo Música de cámara no museo

VI Ciclo Música de cámara no museo Conservatorio profesional de música

o Conservatorio Profesional de Música da Coruña presenta o VI ciclo de Música de Cámara no Museo.

O programa será o seguinte:

- 4 de marzo:

Cuarteto de cordas

ensemble de tubas

Grupo de percusión Atacca

- 11 de Marzo

Duo violín e violonchelo

Ensemble barroco

Quinteto de metais

- 18 de marzo

Cuarteto de cordas

Trío frauta clarinete e piano

Ensemble canto e piano

 

Subscribirse a