Ir o contido principal

SEREAS. As Mulleres do Mar

SEREAS. As Mulleres do Mar Celebración do día dás mulleres 8 de marzo

O martes 7 de marzo ás 18:30 horas o Museo Anfaco de Vigo organiza un acto de conmemoración do 8M no centro da UNED de Pontevedra.           

Tamén se poderá seguir o evento en liña. As inscricións faranse a través da seguinte ligazón:

https://forms.gle/LTb9VL9KBpzBmxF6A

ACTO DE CELEBRACIÓN polo 8M, Día Internacional da Muller

SEREAS. As Mulleres do Mar

Martes, 7 de marzo. SEDE UNED PONTEVEDRA / ONLINE

Concerto do Coro María Soliña

Concerto do Coro María Soliña Celebración do día das mulleres 8 de marzo

O coro feminino María Soliña nace en xuño do ano 2018 en Cangas do Morrazo pola iniciativa dun grupo de amigas. 

O coro debuta no festival de corais Así Canta Cangas baixo a dirección de Elba Rodal cun éxito rotundo.

Dende entón participaron en diferentes certames e festivais coma o Certame de Corais de Cancións Mariñeiras do Hío.

Tras o inevitable parón por mor da pandemia regresan baixo a dirección de Gena Balado e interveñen en varias actuacións musicais en Cangas e en Bueu.

REPERTORIO:

- María se bebe las calles

A Xunta celebrará os 30 anos do CGAC con medio centenar de actividades

A Xunta celebrará os 30 anos do CGAC con medio centenar de actividades

A Xunta de Galicia celebrará o 30 aniversario do CGAC cun amplo programa composto por medio centenar de actividades. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, quen destacou que se trata dunha proposta que servirá para dar proba da importancia deste museo no sector cultural.

A Fundación Camilo José Cela homenaxea a Picasso nunha exposición que repasa a amizade entre o escritor e o pintor

A Fundación Camilo José Cela homenaxea a Picasso nunha exposición que repasa a amizade entre o escritor e o pintor

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a exposición "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", a nova mostra coa que a Xunta repasa a historia de amizade que viviron Cela e Picasso a través dunha colección de máis de 40 pezas entre documentos, textos, obras de arte e distintos utensilios que se agasallaron entre eles.

Peza do mes: DEBUXO DUNHA MARISCADORA. JOAQUÍN ARAUJO Y RUANO".

Peza do mes: DEBUXO DUNHA MARISCADORA. JOAQUÍN ARAUJO Y RUANO". Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 8 de marzo ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez, técnica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

18 marzo 2023 - 20 marzo 2023

de 10:00 A 14:00 h

Coordinación: Carmen Hermo (CGAC)

Dirección: Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante

Prazas: 20

Matrícula: Gratuíta

 

En LAB_REC o corpo é un soporte narrativo, un corpo, ollo e oído que se articula ao redor de nocións de presenzas e ausencias, do real e do virtual.

A Xunta apoia a programación do Museo de Artes de Ribeira co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso

A Xunta apoia a programación do Museo de Artes de Ribeira co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da programación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso. Serán tres mostras que contan co apoio da Xunta de Galicia e que se desenvolverán neste espazo ata o mes de outubro.

O obxectivo é, en palabras do representante da Xunta, “poñer en valor a obra do pintor que custodia este museo e renderlle homenaxe nesta efeméride tanto a través dos seus propios linogravados como da obra de artistas como Manuel Ayaso ou Alfonso Costa”.

Inaugurada unha mostra do alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal organizada co Museo de Belas Artes

Inaugurada unha mostra do alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal organizada co Museo de Belas Artes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración da exposición "Os nosos ollos" realizada polos alumnos e as alumnas do IES Ramón Menéndez Pidal en colaboración co Museo de Belas Artes. Os/as escolares expoñen réplicas das obras do museo seleccionadas por eles/as, coa interpretación das mesmas, actuando como comisarios/as da mostra.

A Xunta reivindica a influencia galega na obra de Picasso na grande exposición que inaugurará en marzo

A Xunta reivindica a influencia galega na obra de Picasso na grande exposición que inaugurará en marzo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou aos medios galegos no Museo de Belas Artes da Coruña "Picasso. Branco no recordo azul", a grande exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración.

Subscribirse a