Ir o contido principal

Inaugurada unha mostra do alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal organizada co Museo de Belas Artes

Un momento da visita

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración da exposición "Os nosos ollos" realizada polos alumnos e as alumnas do IES Ramón Menéndez Pidal en colaboración co Museo de Belas Artes. Os/as escolares expoñen réplicas das obras do museo seleccionadas por eles/as, coa interpretación das mesmas, actuando como comisarios/as da mostra.

O representante do Goberno galego apuntou que “a exposición que hoxe presentamos é o exemplo de como os museos van evolucionando ante os novos retos da sociedade e ante a nova educación ofrecendo vías de colaboración diferentes”. Neste senso, subliñou que o grande éxito desta iniciativa é que permitiu ao alumnado expresar as súas emocións e sentir este museo como propio.

A exposición está aberta ao público de forma gratuíta en horario lectivo do centro.