Ir o contido principal

10 de marzo - 20:30h Concerto do Coro María Soliña Celebración do día das mulleres 8 de marzo

O coro feminino María Soliña nace en xuño do ano 2018 en Cangas do Morrazo pola iniciativa dun grupo de amigas. 

O coro debuta no festival de corais Así Canta Cangas baixo a dirección de Elba Rodal cun éxito rotundo.

Dende entón participaron en diferentes certames e festivais coma o Certame de Corais de Cancións Mariñeiras do Hío.

Tras o inevitable parón por mor da pandemia regresan baixo a dirección de Gena Balado e interveñen en varias actuacións musicais en Cangas e en Bueu.

REPERTORIO:

- María se bebe las calles

    A. Martínez Ares / Arreglo de José L. Blasco

- Meu amor é mariñeiro 

   Xosé L. Rivas Cruz / Arreglo de Elba Rodal

- María Soliña

   A. Paz Valverde / C.E. Ferreiro

-The Rose

   Arreglo de Kirby Shaw / Amanda McBroom

- Cantigas das traballadoras de Massó

   Popular