Ir o contido principal

22 de abril - 10:00h De paseo polo camiño do viño Actividades de primavera no Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia organiza unha ruta a pé de 12 km polo Ribeiro, de baixa intensidade, que parte de Ribadavia e pasa pola Veronza, A Quinza e chega a Santo Andrés, onde se fará unha visita ao Museo do Viño de Galicia. O regreso realizarase por San Cristovo. Os participantes coñecerán a cultura do viño visitando viñedos e monumentos históricos. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, auga e comida.