8 de abril - 10:00h Proxección-Mapping Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul
O sábado, 8 de abril conmemórase o 50 aniversario da morte de Pablo Picasso. Con tal motivo durante todo o día farase unha proxección-Mapping sobre a fachada do museo, coa cor azul da imaxe corporativa da exposición.