Ir o contido principal

Bruxuleando

Bruxuleando Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Croquis, compases, agullas de marear, astrolabios, estrelas, sol, relevo, servían para chegar a calquera sitio,

incluíndo novos mundos.

Introdución aos antigos sistemas de orientación resolvendo probas que evidencien dotes de descubridores e

aventureiros.

A actividade constará de:

- Parte teórica: achega aos medios de orientación ao longo da historia.

- Parte práctica: resolución de distintas probas incluíndo a construción e uso de rudimentarios aparellos

de orientación.

Os sons do traballo

Os sons do traballo Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Sons como a martelada do ferreiro, a máquina de coser da costureira, o chifre do afiador, proporciónannos un punto de partida que nos introduce no mundo dos oficios a través de aspectos que poden resultar familiares, establecendo relacións que xeran coñecemento.

Desenvolvemento:

- Parte teórica: introdución con breve percorrido pola Sala dos Oficios.

- Parte práctica: recoñecemento de oficios e dos elementos que os definen protagonizados polos seus

sons.

Enigma

Enigma Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Os xeroglíficos, as mensaxes cifradas e outras linguaxes gardaron información que, ás veces, segue a ser un misterio. Partindo da grande curiosidade que espertan, alimentando un devezo por coñecer que non sempre conseguimos resolver, convidamos aos participantes a mergullarse no seu enigmático mundo.

Desenvolvemento:

- Parte teórica: breve introdución audiovisual ao mundo dos códigos, mensaxes cifradas e aspectos relacionados.

- Parte lúdica: xincana arredor do tema.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.

Duración: 60 m.

MARIANO MARCOS ABALO: A VIDA DEBUXADA

MARIANO MARCOS ABALO: A VIDA DEBUXADA Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Debuxante e escritor, autor do célebre “Esconxuro da queimada” recitado moitas veces en múltiples celebracións en toda Galicia sen coñecer a súa autoría.

Os seus debuxos son os protagonistas desta actividade como salvagarda dunha realidade etnográfica que recrea contidos do museo.

Desenvolvemento:

- Parte expositiva: exhibición de obras do artista: “As árbores”, “Os espantallos”, “As nosas cousas”.

A Xunta pon en marcha este verán o Plan Corresponsables en bibliotecas, arquivos e museos

A Xunta pon en marcha este verán o Plan Corresponsables en bibliotecas, arquivos e museos

A Xunta de Galicia pon en marcha este verán o Plan Corresponsables para ofrecer alternativas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica. Trátase dunha iniciativa impulsada ao abeiro dun convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade dotado con case 270.000 €.

Chacona, a canción de Santiago

Chacona, a canción de Santiago Mostra sobre esta forma musical de gran difusión dende o século XVII e a súa vinculación co Camiño de Santiago.

Con esta exposición, o Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta unha importante descuberta relativa ao patrimonio do Camiño de Santiago e da cidade de Compostela.

A exposición ten como centro argumental a chacona, unha forma musical de grande importancia na cultura occidental, que tivo enorme difusión en todos os ámbitos sociais e da que todos os grandes compositores a partires do século XVII fixeron múltiples versións.

Chacona. A Canción de Santiago

Chacona. A Canción de Santiago Concerto na Catedral de Santiago, inauguración da exposición do mesmo nome no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O concerto enmárcase nos actos de inauguración da exposición do mesmo nome, que se presenta no Museo das Peregrinacións o 8 de xullo.

No concerto incluiranse as obras contidas no cd /catálogo que ilustrará e tamén formará parte da propia exposición: Chacona. A Canción de Santiago.

Partindo do canto Vox Nostra, do Códice Calixtino, orixe máis probable da chacona, e seguindo polo canto Sancte Jaco a Compostel, recollido polo peregrino ingles William Wey, a primeira chacona escrita e orixe das demais.

Marxes Fílmicas: Vietnam

Marxes Fílmicas: Vietnam Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa no 2022, de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, miradas antropolóxicas e etnográficas do Vietnam.

As proxeccións serán no patio do museo ás 22:00 h., coa entrada libre ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

- sábado 4 de xullo: Tres estacións. (Tony Bui, 1999. 100 min.). Gran premio do xurado no Sundance.

Subscribirse a