Ir o contido principal

II Cata sonora

II Cata sonora Ciclo de concertos no Museo Do viño de Galicia

II Cata sonora no Museo do Viño de Galicia (Ribadavia, Ourense)

Xoves 28 xullo 21:00h. Concerto: Pablo seijas

Xoves 11 agosto 21:00h. Concerto: Mallou

Xoves 22 setembro 21:00h. Concerto: María Mendoza

Xoves 29 setembro 21:00h. Concerto: Olga Brañas

 

Aforo limitado. Entrada libre ata completar aforo.

Terraza exterior.

https://museovinogalicia.xunta.gal/gl/actividades

O Museo Etnolóxico de Ribadavia divulga nunha exposición o proceso de conservación dos fondos da agrupación cultural Abrente

O Museo Etnolóxico de Ribadavia divulga nunha exposición o proceso de conservación dos fondos da agrupación cultural Abrente

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición "A conservación do Arquivo Abrente" no Museo Etnolóxico de Ribadavia, que amosa e fai chegar ao público as tarefas de conservación realizadas polo museo sobre o valioso fondo documental da agrupación cultural Abrente.

O Museo das Peregrinacións percorre os vínculos xacobeos da chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros

O Museo das Peregrinacións percorre os vínculos xacobeos da chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o deán da catedral de Santiago, José Fernández Lago, inauguraron no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición "Chacona, a canción de Santiago", que afonda nos vínculos xacobeos desta danza e forma de expresión musical ancestral, a través de máis dun cento de pezas orixinais, instrumentos antigos, partituras e arquivos sonoros.

Singladuras pola ría no galeón Ave de Paso

Singladuras pola ría no galeón Ave de Paso Actividades de verán no Museo Massó

Visita guiada pola ría no galeón Ave de Paso.

CONDICIÓNS PARA FACER A PREINSCRICIÓN

Realizar a solicitude por correo electrónico á museo.masso@xunta.gal

facilitando os seguintes datos de cada persoa interesada:

Nome e apelidos

Grupo de idade (especificar os anos no caso de ser menor)

Procedencia

Número de DNI

Teléfono de contacto

NON se admiten grupos de MÁIS DE 4 persoas

Cada menor ten que ir acompañado dun adulto

O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición sobre cartografía marítima histórica

O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición sobre cartografía marítima histórica

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a exposición "Camiño de papel e de estrelas" coa que o Museo Massó abre as actividades do seu XX aniversario. Nela comparte co público varias pezas dos seus fondos sobre cartografía marítima histórica.

A Xunta promete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio

A Xunta promete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantivo un encontro coa nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada, tras incorporarse recentemente ao cargo, a quen prometeu dar continuidade á estreita colaboración dos últimos anos e seguir reforzando o apoio da Xunta ao Museo do Pobo Galego.

O Museo das Peregrinacións inaugurou a mostra sobre a chacona cun concerto na catedral de Santiago

O Museo das Peregrinacións inaugurou a mostra sobre a chacona cun concerto na catedral de Santiago

O pasado 7 de xullo o Museo das Peregrinacións e de Santiago organizou un evento musical que se enmarca nos actos de inauguración da exposición "Chacona, a canción de Santiago", presentada no museo o día 8. O grupo musical Resonet, acompañado pola Escolanía da Catedral de Santiago e o Obradoiro de Música Tradicional Ultreia, ofreceu o concerto na catedral de Santiago.

O Museo Catedralicio de Santiago expón temporalmente o "Santiago peregrino" de Juan de Juanes

O Museo Catedralicio de Santiago expón temporalmente o "Santiago peregrino" de Juan de Juanes

Desde o pasado 4 de xullo pode contemplarse no Museo Catedralicio de Santiago a obra pictórica Santiago peregrino, de Juan de Juanes, grazas a unha cesión temporal por parte do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Subscribirse a