Ir o contido principal

Camiño de papel e de estrelas

Camiño de papel e de estrelas

A exposición enmárcase dentro da celebración do Ano Xacobeo 2022. Realiza un percorrido cartográfico polo roteiro marítimo da lenda da Translatio do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina a Padrón. Nesta mostra navegamos sobre os mapas e, con axuda dos libros, trazamos un camiño de papel e atracamos nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro.

O camiño de estrelas trázao no ceo a constelación da Vía láctea, coñecida como Camiño de Santiago, un camiño que  proporciona as referencias para orientarnos no mar e guiaranos, como aos peregrinos e aos navegantes, na nosa travesía marítima.