Ir o contido principal

Singladuras pola ría no galeón Ave de Paso

Singladuras pola ría no galeón Ave de Paso Actividades de verán no Museo Massó

Visita guiada pola ría no galeón Ave de Paso.

CONDICIÓNS PARA FACER A PREINSCRICIÓN

Realizar a solicitude por correo electrónico á museo.masso@xunta.gal

facilitando os seguintes datos de cada persoa interesada:

Nome e apelidos

Grupo de idade (especificar os anos no caso de ser menor)

Procedencia

Número de DNI

Teléfono de contacto

NON se admiten grupos de MÁIS DE 4 persoas

Cada menor ten que ir acompañado dun adulto

Camiño de papel e de estrelas

Camiño de papel e de estrelas

A exposición enmárcase dentro da celebración do Ano Xacobeo 2022. Realiza un percorrido cartográfico polo roteiro marítimo da lenda da Translatio do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina a Padrón. Nesta mostra navegamos sobre os mapas e, con axuda dos libros, trazamos un camiño de papel e atracamos nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro.

Convite ao avecer

Convite ao avecer

Investigación e creación de Nuria Ferreiro arredor da etnomedicina. A artista establece unha relación directa entre distintos campos de coñecemento como o son a etnografía, a antropoloxía e a arte contemporánea.

Buxainas e asubíos

Buxainas e asubíos

Colección de Patuxa Limón, mestra de Educación Primaria e profesora de audición e linguaxe. Utilizaba os xoguetes como apoio para ensinar. "Aprender a enrolar o cordel e lanzar o trompo era unha aprendizaxe longa e laboriosa que levaba un tempo e xeraba competición entre nós. Polo que dedicarlle tempo a adestrar e mellorar a destreza era importante...

A Salgadura de Mourisca

A Salgadura de Mourisca Visitas guiadas polo Museo Massó

O Museo Massó ofrece visitas guiadas gratuítas á antiga Salgadura de Mourisca.

As visitas realizaránse os domingos 10 e 31 de xullo ás 13 horas e terán unha duración dunha hora.

Non é precisa a inscripción previa.

A Salgadura de Mourisca

A Salgadura de Mourisca Visitas guiadas polo Museo Massó

O Museo Massó ofrece visitas guiadas gratuítas á antiga Salgadura de Mourisca.

As visitas realizaránse os domingos 10 e 31 de xullo ás 13 horas e terán unha duración dunha hora.

Non é precisa a inscripción previa.

Domingos no Museo Massó

Domingos no Museo Massó Visitas guiadas polo Museo Massó

O Museo Massó ofrece visitas guiadas gratuítas á exposición permanente do museo.

As visitas terán lugar todos os domingos do mes de xullo entre as 12:30 e as 13:30.

Non é precisa inscripción previa.

 

Saíndo do cadro

Saíndo do cadro Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña. PLAN CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*

Subscribirse a