Ir o contido principal

Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

O Día Internacional dos Museos, o mércores 18 de maio, as persoas que participen na visita guiada á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán das 18:00 horas recibirán como agasallo un exemplar de La Tribuna, a novela da escritora que inmortalizou as cigarreiras da cidade da Coruña. Xa na fin de semana, o sábado 21 de maio a programación especial arrincará ás 18:00 horas cunha visita dramatizada para público familiar titulada “Emilia e Rosalía, veciñas”, na que Natalia Vázquez Crespo e Judit Barreiro Vilachán interpretarán un diálogo entre Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro.

Reapertura do museo Casa da Troya

Reapertura do museo Casa da Troya Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Co gallo do Día Internacional dos Museos, hoxe reabre o Museo Casa da Troya cunha xornada de portas abertas. Iníciase así a nova tempada de apertura do museo ao público:

- Maio: Ademais do día 18, a partir do 19, aberto de xoves a sábado no horario habitual (de 11 a 14 e de 16 a 20 horas).

- Xuño: Aberto xoves, venres e sábados.

- Xullo: Aberto días 1, 2, 7, 8 e 9. A partir do 12 de xullo, abriremos de martes a sábado.

- Agosto: De martes a sábados.

- Setembro: Aberto de martes a sábados ata o día 10. Resto do mes, de xoves a sábados.

Vida de músico na Galiza medieval

Vida de músico na Galiza medieval Conferencia

Como parte da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago organiza esta conferencia impartida por Francisco Luengo, no que levará acabo unha análise da música como elemento destacado nos ámbitos da peregrinación e da relixiosidade e o proceso de investigación, feito en relación ás réplicas dos instrumentos musicais medievais expostos no Museo.

Actividade dispoñible até completar capacidade do Auditorio.

 

Obradoiro de torques

Obradoiro de torques Actividade para participar toda a familia

Como parte da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago organiza un obradoiro de torques castrexos para toda a familia. Cada participante construirá o seu propio torques, tendo como exemplo o conservado no museo, como un antiquísimo símbolo de poder.

É necesaria a reserva previa, e recoméndase a asistencia con nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago son:

Celebración do Día Internacional dos Museos nos museos da Xunta de Galicia

Celebración do Día Internacional dos Museos nos museos da Xunta de Galicia

Os espazos museísticos xestionados pola Xunta de Galicia celebran o Día Internacional dos Museos, o mércores 18, cunha ampla programación que inclúe visitas guiadas, obradoiros e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. A meirande parte da actividade comeza o propio mércores e prolóngase ata a vindeira fin de semana, co gallo da Noite dos Museos. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego e na axenda de Cultura de Galicia.

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas e música

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas e música

O Museo de Belas Artes da Coruña súmase ás celebracións do Día Internacional dos Museos e da Noite dos Museos cunha programación especial do 18 ao 22 de maio que inclúe visitas guiadas, música e obradoiros familiares. O centro museístico da Xunta propón actividades de acceso libre ata completar a cabida, agás no caso dos obradoiros, que requiren inscrición previa. A información sobre as actividades organizadas pode consultarse na web do museo.

Os museos da Xunta en Ourense celebran o seu Día Internacional con obradoiros, música e visitas guiadas

Os museos da Xunta en Ourense celebran o seu Día Internacional con obradoiros, música e visitas guiadas

Os espazos museísticos xestionados pola Xunta na provincia de Ourense súmanse á celebración do Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, cunha ampla axenda de actividades dirixidas a escolares e ao público xeral. Haberá visitas guiadas, obradoiros, música e cinema, entre outras propostas que se desenvolverán ao longo da semana que vén.

O Castro de Viladonga celebra en maio as Letras Galegas e o Día dos Museos con actividades para todos os públicos

O Castro de Viladonga celebra en maio as Letras Galegas e o Día dos Museos con actividades para todos os públicos

O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, súmase en maio ás celebracións do Día das Letras Galegas, do Día Internacional do Museos e da Noite dos Museos con diversas actividades para todos os públicos. As propostas terán lugar durante as xornadas do 17, o 18 e o 21 deste mes, con acceso libre ata cubrir a cabida, no marco da programación deseñada pola Xunta de Galicia para a primavera, destinada tanto á cidadanía xeral como a centros ensino.

Conferencia sobre a exposición “Percorrer o tempo”

Conferencia sobre a exposición “Percorrer o tempo” Presentación pública desta exposición itinerante na súa chegada a Santiago

A conferencia é a presentación pública da exposición itinerantePercorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiñoque recolle traballos elaborados por un grupo de profesionais da fotografía. Esta mostra itinerante, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa”, poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

Obradoiro de fotografía

Obradoiro de fotografía Sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”.

Este obradoiro, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, forma parte da programación cultural paralela á mostra itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa” que poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

Impartido polas fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade, participantes na exposición itinerante, trátase dun obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica.

Subscribirse a