Ir o contido principal

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiros didácticos para nenas/os e Visita á sala de «Fondos pétreos»

10.00 h a 13.00 h. 

Realizado por Xeitura, no Parque arqueolóxico da  Cultura Castrexa. Convidarase ao alumnado dos colexios da contorna do parque arqueolóxico de San Cibrao de Las. Contemplase facilitar o desprazamento ao parque arqueolóxico dos colexios que así o soliciten.

Inscrición previa.

Visita guiada á sala Escolma de Escultura

Visita guiada á sala Escolma de Escultura Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Visita guiada á sala Escolma de Escultura (ao lado do claustro de San Francisco)

11.30 h e 19.30 h 

Duración estimada: 60 min

Para grupos reducidos (20 persoas máximo), con inscrición previa.

Inscrición e máis información no teléfono: 988 788 439 ou no enderezo electrónico: mapour@xunta.gal

Visita guiada ao laboratorio de restauración

Visita guiada ao laboratorio de restauración Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Visita guiada ao laboratorio de restauración (Edificio Santa María de Europa)

10.00 h, 12.00 h , 17.00 h e 19.00 h 

Duración estimada: 60 min

Para grupos reducidos (10 persoas máximo), con inscrición previa.

Inscrición e máis información no teléfono: 988 788 439 ou no enderezo electrónico: mapour@xunta.gal

Espectáculo teatral “Xan Perillán e a maleta máxica” (Os monicreques de Kukas)

Espectáculo teatral “Xan Perillán e a maleta máxica” (Os monicreques de Kukas) Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Espectáculo que combina o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde queda Pernambuco? No hemisferio norte ou no sur?... cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces seguro que o descubrirá.

Máis información e inscrición na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/

Venres 20 de maio ás 17:00

Público familiar, a partires de 3 anos

Escape room familiar: “Atrapados no museo”

Escape room familiar: “Atrapados no museo” Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Un fallo no sistema de seguridade fai saltar a alarma e bloquea tódalas portas de saída. Estades atrapados no museo! Deberedes descubrir pistas e resolver varios enigmas nas salas do museo para poder escapar. Seredes quen de saír?

Máis información e inscrición na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/

Mércores 18 de maio ás 16:00 e ás 17:30.

Sábado 21 de maio ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00

Dirixido a grupos de adultos e nenos/as, a partires de 7 anos

O Museo Massó comeza as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos

O Museo Massó comeza as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos

O Museo Massó de Bueu iniciou as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio. Haberá visitas guiadas todos os domingos do mes e na fin de semana do 21 e 22 desenvolveranse un obradoiro didáctico e un percorrido pola antiga fábrica de salga de Mourisca. Trátase de propostas de balde e para todos os públicos.

Visita a Celanova

Visita a Celanova Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Visita a Celanova: Fundación Curros Enríquez, roteiro literario por Celanova, Mosteiro de San Salvador e capela de San Miguel, pequeno concerto de órgano. En colaboración con AMECHIR.

Traslados e visitas de balde. 

Uso obrigatorio de máscara no autobús.

Reservas:

Teléfono: 988 788 720

enderezo electrónico: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal

Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Peza do mes: Fíbula de Casaio (Carballeda de Valdeorras) Interesante reflexión sobre o problema do espolio a través da publicación virtual mensual de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Neste caso ademais, pola historia da peza, faise unha interesante e sempre necesaria reflexión fronte ao inmenso problema que supón a espoliación.

Subscribirse a