Ir o contido principal

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán Presentación da banda deseñada e da exposición dos debuxos orixinais

A banda deseñada Emilia Pardo Bazán viu a luz na colección Biografías en viñetas froito da colaboración de Alicia Palmer, guionista doutros títulos de banda deseñada cunha clara perspectiva de xénero como Hombres feministas ou Una mujer, un voto, e Weronika Hańczyc, quen asumiu o reto de ilustrar a vida de Pardo Bazán tras colaborar nos libros Intraterra e Infiniteca.

O Museo das Peregrinacións presentou o catálogo da exposición "Destino"

O Museo das Peregrinacións presentou o catálogo da exposición "Destino"

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o 20 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago o catálogo da exposición fotográfica "Destino, unha peregrinación", de Manuel Valcárcel, nun acto no que tamén participou o propio artista, coñecido como Piro. Editada pola Xunta, a publicación fai perdurable no tempo a mostra inaugurada a finais do pasado ano e que remata o vindeiro 1 de maio.

A Xunta inicia a restauración da locomotora Sarita para a integración no Museo Camilo José Cela

A Xunta inicia a restauración da locomotora Sarita para a integración no Museo Camilo José Cela

A Xunta inicia estes días o proceso de rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita, que se realizará nun prazo de catro meses. O obxectivo é integrar esta peza principal do Museo do Ferrocarril, que forma parte do Museo Camilo José Cela, na museografía exterior deste espazo situado na casa natal do Nobel galego, en Padrón. A iniciativa enmárcase no programa de accións conmemorativas promovidas polo Goberno galego co gallo do 20 aniversario do pasamento de Cela.

Preto de 1.200 escolares coñecen ata xuño o Museo do Castro de Viladonga

Preto de 1.200 escolares coñecen ata xuño o Museo do Castro de Viladonga

Preto de 1.200 escolares de 24 centros de ensino de infantil, primaria e secundaria participan ao longo deste semestre no programa de actividades didácticas deseñado polo Museo Castro de Viladonga, situado en Castro de Rei. A iniciativa impulsada pola Xunta inclúe visitas guiadas ao castro e ao museo, con apoio de fichas didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos.

Lecturas no tempo

Lecturas no tempo Obradoiro infantil

Obradoiro co que nos achegaremos a un invento que sen dúbida revolucionou a historia dos libros: a imprenta. Aprenderemos sobre ela a través dalgunhas pezas do museo e experimentaremos fabricando os nosos propios tipos.

Data: Venres 22 de abril de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Agasallo de libros

Agasallo de libros Celebración do día do libro

Para celebrar este día as persoas que se acheguen a visitar o Museo Pedagóxico de Galicia durante a xornada do 23 de abril poderán levar como agasallo un libro. A entrada ao museo, coma sempre, será gratuíta.

Data: sábado 23 de abril

Hora: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30 (ata esgotar existencias)

O Museo Massó recibiu as empresas interesadas na licitación da súa rehabilitación

O Museo Massó recibiu as empresas interesadas na licitación da súa rehabilitación

O pasado luns realizouse a visita informativa para os representantes dunha vintena de empresas e estudios de arquitectura, que mostraron o seu interese en optar ao contrato para a redacción do proxecto para rehabilitar parte do histórico museo. A obra, cuxo orzamento superará o millón de euros, centrarase en tres espazos: a nave na que se gardan as embarcacións tradicionais, a antiga Salgadura Piñeiro e a futura Sala Urbano Lugrís.

A materialidade da fe

A materialidade da fe IX concurso de fotografía do Museo Liste de Vigo

Convocado para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio). A proposta temática deste ano é “A Materialidade da fe”. O museo acolle unha sala que atendendo a este nome plasma as expresións materiais dunha espiritualidade que mestura relixión e superstición e que se materializa en exvotos, petos de esmolas, de ánimas, misais, reclinatorios e outras pezas que nos remiten a momentos, rituais e cerimonias tan ancestrais como vixentes.

Peza do mes: manillas

Peza do mes: manillas Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Manillas de bronce, atopadas nun pecio na baía de Baiona. Tratase dun tipo de brazalete africano utilizado no comercio colonial como moeda.

 

Son moi frecuentes en pecios que daten entre os séculos XVI ao XIX, o seu uso relacionábase coa compra-venta de escravos nas colonias por parte das potencias europeas. Segundo a forma dos remates dos extremos, pódese saber o lugar de fabricación: recto, acampanado, etc. Feitas en cobre ou bronce, metais considerados preciosos no continente africano.

Subscribirse a