Ir o contido principal

XXI Ciclo Música para unha época

XXI Ciclo Música para unha época Ciclo de música que combina as pezas dunha determinada época con obras artísticas do mesmo período histórico

Un ano máis, o Museo retoma un dos seus ciclos musicais máis veteranos. Música para unha época busca combinar as obras musicais dun periodo determinado coas obras artísticas das salas do museo correspondentes ao mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Esta é a programación para este ano:

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975) Nova edición do curso anual sobre diferentes achegas á historia da Arte

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes na Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo museo para unha maior difusión das súas coleccións. O ciclo “Os temas da arte” nesta ocasión dedicarase a “España, artes visuais (1941-1975)".

O Museo do Mar acolleu as actividades da mostra itinerante “Percorrer o tempo”

O Museo do Mar acolleu as actividades da mostra itinerante “Percorrer o tempo”

A exposición permanecerá dous meses en Vigo.

Tras unha conferencia de presentación o día 18 de marzo, moderada polo comisario do proxecto, Nicolás Combarro, a Premio Nacional de Fotografía Cristina de Middel e a galega Bandia Ribeira ofreceron no Museo do Mar de Galicia o 19 e 20 de marzo un obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica.

O Museo de Belas Artes foi escenario dunhas xornadas sobre María Casares

O Museo de Belas Artes foi escenario dunhas xornadas sobre María Casares

O Museo de Belas Artes da Coruña acolleu o 16 de marzo a segunda xornada do ciclo de conferencias "María Casares. Do exilio ao escenario", organizado pola Xunta, coas intervencións da escritora e biógrafa da actriz, Anne Plantagenet, e do galardoado director teatral Lluís Pasqual, quen coñeceu persoalmente a artista. Os relatorios foron presentados polo secretario xeral de Cultura, Anxo M.

O Día Mundial da Poesía no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Día Mundial da Poesía no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Para lembrar esta celebración, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense amosa esta poesía dedicada a Xesús Ferro Couselo en 1941 con motivo do seu ingreso no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. As oposicións celebráronse en Madrid e, segundo se indica no texto, houbo un xantar na Casa Botín de todos os aspirantes aprobados co tribunal examinador.

Visores de marabillas

Visores de marabillas Obradoiro infantil

Obradoiro no que nos achegaremos ao funcionamento das imaxes e cine en 3D, descubrindo as súas orixes a través de pezas do museo e mesmo construíndo os nosos propios visores de imaxes tridimensionais.

Data: Venres 25 de marzo de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Presentación pública Cristina de Middel e Bandia Ribeira

Presentación pública Cristina de Middel e Bandia Ribeira As fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira falan sobre os seus proxectos no marco da exposición "Percorrer o tempo" en Vigo

O venres 18 de marzo, no marco do proxecto expositivo da Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22, “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”, desenvolverase no Museo do Mar a presentación pública das fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira.

Obradoiro fotográfico

Obradoiro fotográfico As fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira protagonizan os talleres da mostra "Percorrer o tempo" en Vigo

No marco do proxecto expositivo da Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22, “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”, as fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira, protagonizarán os talleres desta exposición, que a Xunta de Galicia levará a Vigo a vindeira semana.

AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA

AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA 8 de marzo día da muller

Vídeo cunha selección de imaxes do seu arquivo fotográfico que ilustra o traballo das mulleres. Froito dunha análise patriarcal antropocéntrica determinouse que as tarefas valoradas son as que fan os homes e as que fan as mulleres son traballos secundarios e complementarios.

No sector pesqueiro tradicional mantense a separación arcaica que supón que os labores de extracción a flote atribúense aos homes e as que se desenvolven en terra ás mulleres.

Subscribirse a