Ir o contido principal

18 de marzo - 17:00h Presentación pública Cristina de Middel e Bandia Ribeira As fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira falan sobre os seus proxectos no marco da exposición "Percorrer o tempo" en Vigo

O venres 18 de marzo, no marco do proxecto expositivo da Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22, “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”, desenvolverase no Museo do Mar a presentación pública das fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira.

Conferencia gratuíta e aberta ao público ata completar aforo, previa confirmación de asistencia. Para saber máis, premer nesta ligazón do Museo do Mar.

A presentación estará moderada polo comisario Nicolás Combarro do proxecto “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” (Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22).

As autoras falarán das súas traxectorias profesionais e farán unha presentación específica do seu traballo para o proxecto “Percorrer o tempo” na que ambas artistas realizan unha interpretación do Camiño de Santiago desde diferentes perspectivas: físicas, sociais e emocionais.

Esta conferencia enmárcase no programa de actividades que acompaña ao proxecto expositivo que se mostrará na cidade de Vigo en paralelo.

As actividades deseñadas ao abeiro desta exposición complétanse cun obradoiro dirixido a profesionais e afeccionados os días 19 e 20 de marzo. Pódese obter a información completa na mesma ligazón.