Ir o contido principal

Do 5 de abril ao 14 de xuño do 2022 - 11:30h Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975) Nova edición do curso anual sobre diferentes achegas á historia da Arte

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes na Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo museo para unha maior difusión das súas coleccións. O ciclo “Os temas da arte” nesta ocasión dedicarase a “España, artes visuais (1941-1975)".

Nesta ocasión, o curso será impartido polo comisario e crítico de arte coruñés Alberto Cartón os martes de cada mes entre o 5 de abril e o 14 de xuño. O curso centrarase en dar a coñecer a aqueles artistas que en España, concretamente en Galicia e na diáspora americana, crearon unha imaxe-concepto da realidade moderna dende linguaxes artísticas internacionais, aínda que cimentadas en lecturas persoais sobre a historia de España e as súas distintas identidades.

Lugar: Salón de actos do museo

Horario: de 11.30 a 12.30 h

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15,00 € (amigos do museo 10,00 €)

Inscrición: mu.belas.artes.difusion@xunta.es e no teléfono 881 881 700 de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas