Con ollos de científic@
Con ollos de científic@ celebración do Mes da Ciencia
Este novembro o MUPEGA súmase á celebración do Mes da Ciencia retomando as actividades infantís.
Así, con motivo de dita celebración, o venres 19 de novembro de 17:30 a 18:30 realizarase o obradoiro “Con ollos de científic@” dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Nesta actividade os rapaces e rapazas poderán descubrir, mediante a experimentación e a construción de pequenos xoguetes ó pticos, como funciona unha das pezas expostas no MUPEGA: o proxector cinematográfico.