Ir o contido principal

A construción do Museo das Peregrinacións e de Santiago

A construción do Museo das Peregrinacións e de Santiago Celebración do 70 aniversario do museo 1951-2021

A charla sobre a construción do Museo das Peregrinacións e de Santiago será impartida polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor do proxecto de rehabilitación do edificio que alberga o museo.

Necesaria inscrición para actividades no correo: reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Conferencia: Vida de músico na Galiza medieval

Conferencia: Vida de músico na Galiza medieval Celebración do 70 aniversario do museo 1951-2021

Conferencia impartida por Francisco Luengo, músico y luthier.

A música sempre foi un elemento destacado nos ámbitos da peregrinación e da relixiosidade; os músicos, os compositores, os instrumentos, os luthiers, as sonoridades e por iso resulta atractivo documentar o proceso de investigación feito en relación ás réplicas dos instrumentos musicais medievais expostos no Museo.

Necesaria inscrición para actividades no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Obradoiro infantil de xoguetes

Obradoiro infantil de xoguetes Celebración do 70 aniversario do museo 1951-2021

O artesán e luthier Xaneco ofrecerá un obradoiro que dará a posibilidade de elaborar algunhas mostras do noso rico patrimonio cultural: unhas clásicas terrañolas para adultos ou sinxelos xoguetes sonoros para nenos de tódalas idades, a partir de elementos da natureza.

Soportais do Museo

Necesaria inscrición para actividades no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Subscribirse a