Singraduras didácticas no Chasula
Singraduras didácticas no Chasula Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro
As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.
Os horarios son os seguintes:
Xoves 22 de xullo: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.
Xoves 5 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.
Venres 6 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.