22 de xullo - 12:00h Singraduras didácticas no Chasula Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro

As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.
Os horarios son os seguintes:
Xoves 22 de xullo: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.
É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída.
Os menores deberán de ir acompañados, e recoméndase levar calzado apropiado.
Duración: 1 h e 30 minutos aprox.