Ir o contido principal

28 de xullo - 17:00h Singraduras didácticas no Ave de Paso Viaxe pola Ría a bordo dun barco de vela

Durante os meses de verán o Museo Massó oferta a posibilidade de navegar pola ría nunha embarcación propulsada a vela.

Trátase dun obradoiro práctico nunha embarcación tradicional para difundir os coñecementos e técnicas asociados a navegación a vela pola ría e sensibilizar sobre a importancia de conservar a cultura mariñeira.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída, e terán preferencia as persoas que non participaran previamente, admitíndose como máximo 4 persoas por inscrición.

Os menores deberán de ir acompañados, e recoméndase levar calzado apropiado.