Ir o contido principal

Do 5 de agosto ao 6 de agosto do 2021 - 10:00h Singraduras didácticas no Chasula Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro

As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.

Os horarios son os seguintes:

Xoves 22 de xullo: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.

Xoves 5 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.

Venres 6 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h. 

 

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída.

Os menores deberán de ir acompañados, e recoméndase levar calzado apropiado.

Duración: 1 h e 30 minutos aprox.