Ir o contido principal

Origami mariño

Origami mariño Unha actividade para que os máis cativos vexan diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dun xeito diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Esta actividade intenta, ao través do xogo co origami en papel achegar ao coñecemento do mundo mariño dun xeito orixinal.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

MEGA, Mundo Estrella Galicia

MEGA é un espazo expositivo con carácter experiencial e divulgativo que non só aborda contidos relativos á compañía e a súa historia, senón que achega aos visitantes ao mundo cervexeiro en xeral organizando eventos que relacionan a cervexa con diferentes disciplinas. Ofrece unha experiencia personalizada ao usuario que lle permite interactuar con diferentes elementos e obter información en base aos seus propios intereses.

O museo naceu coa intención de encapsular a antiga Sala de Cocemento que estivo en funcionamento desde o ano 1972 ata o 2012.

Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla)

A casa de labranza e granxa agrícola coñecida como Casa Vázquez está no lugar de Trasliste, pertencente ao concello de Láncara, no interior da provincia de Lugo. Esta explotación con máis de 200 anos de historia segue mantendo e desenvolvendo actividade produtiva na gandería, cunha explotación de vacas rubias galegas de produción ecolóxica, e no sector da froita, con mazás, tamén de produción ecolóxica, para a súa transformación en sidra.

Singraduras didácticas no Ave de Paso

Singraduras didácticas no Ave de Paso Viaxe pola Ría a bordo dun barco de vela

Durante os meses de verán o Museo Massó oferta a posibilidade de navegar pola ría nunha embarcación propulsada a vela.

Trátase dun obradoiro práctico nunha embarcación tradicional para difundir os coñecementos e técnicas asociados a navegación a vela pola ría e sensibilizar sobre a importancia de conservar a cultura mariñeira.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída, e terán preferencia as persoas que non participaran previamente, admitíndose como máximo 4 persoas por inscrición.

Subscribirse a