Ir o contido principal

19 de agosto - 12:00h Origami mariño Unha actividade para que os máis cativos vexan diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dun xeito diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Esta actividade intenta, ao través do xogo co origami en papel achegar ao coñecemento do mundo mariño dun xeito orixinal.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

Inscricións: Teléfono 886 151 101; museo.masso@xunta.gal