Ir o contido principal

29 de xullo - 12:00h Obradoiros de verán: MassoMakion. Catro propostas de tangram sobre deseños das latas Massó O quebracabezas máis antigo

O Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e nenas e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural, e non podía ser menos nesta época de verán.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tangram.

Actividade dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

A inscrición  e gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.