Ir o contido principal

25 de Xuño - 30 de Setembro de 2021 O viño en Galicia

Vista xeral da exposición na Alameda

Esta mostra producida polo Museo do Viño de Galicia, con fotografías de Xurxo Lobato, celebra e presenta a viticultura e a enoloxía como parte esencial do noso patrimonio.

A exposición ao aire libre e nun espazo público, a Alameda de Ribadavia, está composta por catro paneis con 5 fotografías cada un, ofrecendo así un total de 20.

As imaxes amosan as diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia, invitando a reflexionar sobre a existencia dun patrimonio común, pero destacando a diversidade dos seus caldos e cultura.

As fotografías son capaces de encapsular a cultura do viño, recollendo as diferentes paisaxes, arquitecturas, traballos e celebracións que se orixinan ao redor deste ben tan noso.