Ir o contido principal

A biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago celebrou o Día das Bibliotecas

Cartel do Día das Bibliotecas no museo

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago presentou as súas últimas adquisicións. Hai libros de arte, arqueoloxía, museoloxía, fotografía, historia de Galicia, Camiño de Santiago…

Dende as contas de Facebook ou Instagram do museo pode accederse ás listaxes de novidades de 2021, ou dende as seguintes ligazóns:

Novidades de 2021: xaneiro-marzo 
Novidades de 2021: abril-xuño 
Novidades de 2021: xullo-setembro 

Ademais, a biblioteca do museo fixo unha pequena mostra virtual dos libros máis demandados entre as lecturas recomendadas na súa páxina web.

Por último, con motivo do 70º aniversario do museo, na súa páxina web, dentro do apartado "Biblioteca", en "Libro recomendado", accédese a unha selección da bibliografía existente na biblioteca sobre a historia da institución e dos seus edificios.

Con estas iniciativas, a biblioteca do museo pretende fomentar as visitas ás súas instalacións da rúa San Miguel.