22 de outubro - 19:00h Paseo por Marineda Acción dramatizada con Emilia Pardo Bazán e María Vinyals
Este venres 22 de outubro convidámosvos a pasear por Marineda con Emilia Pardo Bazán e María Vinyals.
Agardámosvos ás 19:00 horas ás portas da Casa-Museo, na rúa Tabernas 11 da Coruña.
As actrices Larraitz Urruzola e Estíbaliz Veiga darán vida ás dúas amigas neste percorrido pola Coruña literaria de dona Emilia.