Ir o contido principal

O legado de Emilia Pardo Bazán no Museo de Belas Artes da Coruña

Banner da exposición

A exposición trata de dar a coñecer os obxectos pertencentes ao legado da familia de Emilia Pardo Bazán por medio dunha singular intervención arquitectónica instalada na sala dedicada á pintura de finais do século XIX e principios do século XX do Museo de Belas Artes da Coruña.

A mostra complétase con outros fondos da propia colección do museo que permiten recrear o que foi a vida coruñesa da época da célebre escritora e os ambientes e personaxes que tiñan relación con dona Emilia.