Ir o contido principal

Do 24 de novembro ao 25 de novembro do 2021 - 09:00h XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías Xuntanzas para público interesado na transformación dixital e as novas tecnoloxías ao servizo do museo

Organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña, e durante os días 24 e 25 de novembro de 2021, buscarase levar a cabo unha análise integral da implementación das novas tecnoloxías nos museos, desde dúas perspectivas principais:

A xestión interna do museo, e todo o relacionado coa posta das tecnoloxías ao servizo da conservación, o estudo e o análise das coleccións, así como a súa dixitalización, dotando ao museo de todas as plataformas necesarias para a xestión integral dos seus contidos (dixitalización de contidos, intelixencia artificial, escáner 3d, impresión 3d, localización intelixente, sensorización – IOT, etc.)

A experiencia do visitante, é dicir, o que supón a conexión do museo co visitante, tanto de forma presencial como remota, para facer da visita unha experiencia máis fluída e enriquecedora (realidade virtual, realidade aumentada, imaxe holográfica, vídeo mapping, accesibilidade a través de Smart TV 4 k-8 k, etc.

Os destinatarios destas xornadas son profesionais de museos, así como especialistas e estudantes de museoloxía e demais público interesado en museos e novas tecnoloxías.

Terá lugar no salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña, e poderase asistir ás Xornadas tanto de forma presencial como online. A inscrición a calquera das dúas modalidades é gratuíta.

Máis información, a programación detallada e matrícula picando neste enlace.