Ir o contido principal

20 de maio - 20:00h Conferencia sobre a exposición “Percorrer o tempo” Presentación pública desta exposición itinerante na súa chegada a Santiago

A conferencia é a presentación pública da exposición itinerantePercorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiñoque recolle traballos elaborados por un grupo de profesionais da fotografía. Esta mostra itinerante, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa”, poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

A conferencia de presentación será moderada polo comisario do proxecto, Nicolás Combarro. Nela, as fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade afondarán nas súas traxectorias profesionais e nos traballos cos que participan na iniciativa Percorrer o tempo, onde fan unha interpretación do Camiño de Santiago desde diferentes perspectivas físicas, sociais e emocionais.

Prazas limitadas, necesaria a solicitude previa.

 

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago son:

Mércores 18

Estrea do documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00 h

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Actuación para toda a familia: Cé Orquestra Pantasma. 18:00 h

Xoves 19

Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Venres 20

Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Sábado 21

Obradoiro de cestería colaborativa: Os nexos que nos unen. 11:00 h

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Conferencia: «Vida de músico na Galiza medieval». 19:00 h

Domingo 22

Obradoiro “Torques castrexos”. 11:00 h

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h