Ir o contido principal

22 de maio - 11:00h Obradoiro de torques Actividade para participar toda a familia

Como parte da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo das Peregrinacións e de Santiago organiza un obradoiro de torques castrexos para toda a familia. Cada participante construirá o seu propio torques, tendo como exemplo o conservado no museo, como un antiquísimo símbolo de poder.

É necesaria a reserva previa, e recoméndase a asistencia con nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

Outras actividades programadas para conmemorar o Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago son:

Mércores 18

Estrea do documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00 h

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Actuación para toda a familia: Cé Orquestra Pantasma. 18:00 h

Xoves 19

Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Venres 20

Documental divulgativo A Translatio. Pases dende as 11:00 ata as 13:00

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 16:00 a 19:30 h

Conferencia sobre fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Presentación pública Olivia Arthur e Carla Andrade moderada polo comisario Nicolás Combarro sobre o proxecto. 20:00 h

Sábado 21

Obradoiro de fotografía sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”. Impartido por: Olivia Arthur e Carla Andrade. 10:00 a 14:00 h

Obradoiro de cestería colaborativa: Os nexos que nos unen. 11:00 h

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h

Conferencia: «Vida de músico na Galiza medieval». 19:00 h

Domingo 22

Visitas contadas. 12:00 h e 18:00 h