Do 1 de xullo ao 31 de xullo do 2022 - 10:00h MARIANO MARCOS ABALO: A VIDA DEBUXADA Actividades de verán no Museo Liste Vigo
Debuxante e escritor, autor do célebre “Esconxuro da queimada” recitado moitas veces en múltiples celebracións en toda Galicia sen coñecer a súa autoría.
Os seus debuxos son os protagonistas desta actividade como salvagarda dunha realidade etnográfica que recrea contidos do museo.
Desenvolvemento:
- Parte expositiva: exhibición de obras do artista: “As árbores”, “Os espantallos”, “As nosas cousas”.
- Parte lúdica: xogo de aprendizaxe e entretemento de recoñecemento de oficios, identificación de pezas ou configuración de debuxos seguindo simples trazos, ou acertixos por medio de seriados.
- Parte manipulativa: creación dun “Mouchiño de Mariano”.
Datas: do 1 ao 31 de xullo.
Duración: 60 m.
Dirixido a: grupos de Educación Primaria (de 6 a 12 anos)
1 EURO POR PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE