Skip to main content

MARIANO MARCOS ABALO: A VIDA DEBUXADA

Do 1 de xullo ao 31 de xullo do 2022 - 10:00h MARIANO MARCOS ABALO: A VIDA DEBUXADA Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Debuxante e escritor, autor do célebre “Esconxuro da queimada” recitado moitas veces en múltiples celebracións en toda Galicia sen coñecer a súa autoría.

Os seus debuxos son os protagonistas desta actividade como salvagarda dunha realidade etnográfica que recrea contidos do museo.

Desenvolvemento:

- Parte expositiva: exhibición de obras do artista: “As árbores”, “Os espantallos”, “As nosas cousas”.

- Parte lúdica: xogo de aprendizaxe e entretemento de recoñecemento de oficios, identificación de pezas ou configuración de debuxos seguindo simples trazos, ou acertixos por medio de seriados.

- Parte manipulativa: creación dun “Mouchiño de Mariano”.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.

Duración: 60 m.

Dirixido a: grupos de Educación Primaria (de 6 a 12 anos)

1 EURO POR PARTICIPANTE

PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE