Ir o contido principal

Do 1 de xullo ao 31 de xullo do 2022 - 10:00h Enigma Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Os xeroglíficos, as mensaxes cifradas e outras linguaxes gardaron información que, ás veces, segue a ser un misterio. Partindo da grande curiosidade que espertan, alimentando un devezo por coñecer que non sempre conseguimos resolver, convidamos aos participantes a mergullarse no seu enigmático mundo.

Desenvolvemento:

- Parte teórica: breve introdución audiovisual ao mundo dos códigos, mensaxes cifradas e aspectos relacionados.

- Parte lúdica: xincana arredor do tema.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.

Duración: 60 m.

Dirixido a: grupos de E. S.O (de 12 a 16 anos)

1 EURO POR PARTICIPANTE

PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE