Ir o contido principal

Xornada sobre o Camiño de Santiago e Europa no Museo das Peregrinacións

Un momento da xornada

O 25 de xuño tiveron lugar no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago as xornadas de estudo "Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: visións desde Europa".

Na reunión, onde destacou a presenza de varios/as eurodeputados e eurodeputadas entre unha gran variedade de expertos/as, académicos e académicas que acudiron ao acto, resaltouse como obxectivo "a posta en valor e o legado do Camiño histórica, cultural e patrimonialmente, pero sobre todo as raíces do Camiño, que son as raíces de Europa; a integración e a construción de Europa e da Unión Europea baseadas na convivencia, a paz e a liberdade”.

A delegación estivo encabezada polo galego Francisco Millán Mon, presidente do intergrupo Patrimonio cultural europeo, Camiño de Santiago e outros roteiros culturais europeos.