Ir o contido principal

Titularidade privada

Museo de Arte Sacra de Santa María do Campo

O museo ocupa as dependencias dun pequeno edificio de nova planta, obra do arquitecto Gallego Jorreto, integrándose no entorno próximo da Colexiata medieval de Santa María. Trátase dun museo monográfico, que acolle unha colección de obxectos de prata moi diversos destinados ao culto litúrxico da Colexiata, unha mostra de ourivería de diferentes escolas, épocas e países entre o século XVI e o século XX.

Museo de Nosa Señora da Antiga

O Colexio de Nosa Señora da Antiga é tamén coñecido como o Colexio do Cardeal (polo seu fundador) ou Colexio da Compañía (polos seus rexedores ata 1776) e alcumado popularmente como o Escorial galego pola magnitude do edificio. Foi construído entre finais do século XVI e principios do XVII, baixo o patrocinio do cardeal Rodrigo de Castro para que, rexentado pola Compañía de Xesús, servira para a educación da bisbarra e de toda Galicia.

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

Creado en 1918, o MDCL, un dos máis antigos museos galegos, cumpriu un século de vida. Localizado desde 1995 na Catedral, o MDCL permite coñecer, percorrer e profundar no coñecemento da súa fábrica, ao estar aloxado nuns espazos únicos: o Claustro, a Sala Capitular e Antesala do Arquivo e o triforio catedralicio.

As diferentes modalidades de visita centralízanse na Recepción do Museo, localizada na fachada occidental da Catedral que conta con dobre acceso: exterior, Praza Pío XII; e interior, nave sur.

Museo Galego de Arte Contemporánea 'Carlos Maside'

O Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside' xorde en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuña da creación artística contemporánea galega. O museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, librería, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico é o edificio do museo, formado por módulos hexagonais distribuídos en torno a un módulo central.

Museo Granell

A Fundación Museo Eugenio Granell atópase no Pazo de Bendaña, un dos edificios máis emblemáticos do centro histórico de Santiago e exemplo da arquitectura civil de mediados do século XVIII. Situado na Praza do Toural, é un edificio destacado da arquitectura barroca compostelá, obra de Vicente Sarela. Na fachada loce o escudo do marquesado de Bendaña e, coroando o edificio, a figura de Atlas que soporta a bóveda celeste.

Museo Histórico de Sargadelos

As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimúndez Ibáñez, a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais Fábricas cesou no ano 1875.

Museo Liste de Vigo

O Museo Liste de Vigo nace a través da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía,  a través do que ofrecer una visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.

Conta con nove salas de exposición permanente, distribuídas en tres plantas, que abarcan os seguintes aspectos: 

A cultura do Centeo, que evoca nun percorrido cronolóxico a importancia deste cereal no agro galego. 

Subscribirse a Titularidade privada