Ir o contido principal

Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá

Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá

O museo

Na igrexa benedictina do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, hoxe igrexa parroquial, atópase este pequeno museo que conta cunha importante colección de arte sacra, incluíndo ourivería, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria.

Destaca nela o Sepulcro do Conde Santo, do século V, situado na Capela de Valdeflores e o retablo relicario do século XVII feito en pedra e madeira policromada por Francisco de Andrade, que se atopa na sancristía. Na Capela da Valvanera pode verse a colección de ourivería, do século XVIII. E, finalmente, nas dependencias do mosteiro están expostas esculturas e pinturas do século XVIII.

Hai que destacar a antiga biblioteca monacal, que conserva catro mil libros entre os que se poden atopar edicións do século XVI.

https://mondonedoferrol.org/museos/

Praza do Conde Santo, s/n
27760 , Vilanova de Lourenzá

Tlf. 982121073

Horario

As visitas son guiadas. De luns a sábado ás 12:00 horas.
Precísase reserva previa no teléfono 982 121 006 ou no correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es


Tarifas

Visítanse a igrexa, a sancristía, o relicario, a capela da Valvanera, a capela de Valdeflores e o sepulcro do Conde Santo.
Custo: 3€ por persoa.
Biblioteca monacal e colección de arte sacra.
Custo: 2€ por persoa.