Ir o contido principal

Museo de Arte Sacra de Santa Clara

Museo de Arte Sacra de Santa Clara

O museo

O Museo de Arte Sacra de Santa Clara abrangue tres pequenas dependencias barrocas do convento, construído no século XVIII pero cunha estructura interior que data do século XIII, e pertencente á orde das irmás clarisas. Noutro tempo parece que custodiou grandes obras artísticas das que algunhas son mostradas no museo.

Destacan sobre todas a 'Virxe abrideira', unha pequena talla de marfil de finais do século XIII e case segura doazón da Raíña de Castela e León Dona Violante, fundadora do Convento e muller de Alfonso X O Sabio. A outra peza sobresaínte é a cruz de cristal de roca que mostra interesantes técnicas artísticas de ourivería gótica cun gran mostrario de materiais (cristal, esmaltes, etc...).

Real Mosteiro de San Clara. Rúa do Campo da Feira, 14
32660, Allariz

Tlf. 988440702
susollcea@gmail.com

Horario

Verán
Luns a sábado de 10:30 a 13 h. e de 17:30 a 19:30 h.
Martes pechado
Domingos de 12 a 14 h. e de 17 a 19:30 h.
Inverno
Luns a sábado de 10:30 a 12:30 h. e de 17:30 a 19:30 h.
Martes pechado
Domingos de12 a 14 h. e de 17 a 19:30 h.
Consultar os horarios especiais durante a Semana Santa
Para visitas fóra de horario, consultar por teléfono


Tarifas

Tarifa gratuíta