Ir o contido principal

Titularidade privada

Museo da Construción Naval (Exponav)

O Museo da Construción Naval foi creado pola Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas (Exponav), co propósito de servir de lugar de encontro entre a sociedade, a industria e a comunidade científica para divulgar o desenvolvemento das técnicas de construción dos buques e os materiais empregados, presentando os diversos aspectos relacionados con esta materia: desde a evolución das tecnoloxías e ferramentas ata o momento máis importante dun barco, a botadura e a navegabilidade, posibilitando a comprensión desta tecnoloxía e o coñecement

Museo Casa da Troia

O Museo Casa da Troia esta situado en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, próximo á igrexa de San Martiño Pinario e a Catedral. O interior do museo recrea o ambiente e decoración da pensión de estudantes e da vida universitaria de Santiago a finais do século XIX, tal e como se narra na novela de Alejandro Pérez Lugín “La Casa de la Troya”.

Museo Catedralicio de Ourense

Creado en 1957, foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, do século XIII. Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas. Pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.

Museo Catedralicio Diocesano de Tui

O Museo Catedralicio Diocesano de Tui está situado no interior da catedral, de estilo románico e gótico. O museo ocupa o espazo da Capela de Santa Catarina. Está formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio, do que se exhiben pezas coma cálices, cetros procesionais ou ornamentos sagrados. Cabe destacar a custodia de asento realizada polo ourive Juan de Nápoles Mudarra en 1602, e unha imaxe en madeira policromada da Virxe co Neno que data de finais do século XIV, principios do XV.

Museo Comarcal da Fonsagrada

Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o Concello e os centros de educación primaria e secundaria, o museo ten pezas de etnografía, de arqueoloxía e de arte contemporánea.

A sección de etnografía presenta entre outras a instalación dunha adega, dunha forxa de ferreiro, e dunha lareira. Hai unha parte dedicada ós oficios rurais, outra á labranza, ao monte, á escola, á relixiosidade e á emigración onde se recollen os recordos da estancia en Bos Aires e A Habana dun emigrante da zona.

Museo da Colexiata do Sar

A Colexiata de Santa María de Sar é un antigo convento de cóengos regulares de Santo Agustín. Foi fundado por Diego Xelmírez en 1136 como concesión aos cóengos que se retirasen baixo a regra de San Agustín conservando os seus privilexios na catedral. No ano 1548 secularizouse e converteuse en colexiata. Hoxe é unha parroquia dependente da Diocese de Santiago. Da época medieval consérvase a igrexa e o lateral norte do claustro. A igrexa é un importante exemplo de arquitectura románica compostelá, de planta basilical con tres naves, sendo a central máis ancha cas laterais.

Museo da Terra de Melide

O Museo de Melide é un museo no interior de Galicia nunha comarca vinculada aos camiños de peregrinación a Santiago: o Camiño Francés e o Camiño de Oviedo. En 2001 inaugurou unha nova sede no antigo Hospital de Sancti Spíritus.

Os seus fondos distribúense nas seguintes seccións: os Camiños de Santiago, na sala primeira, amosa paneis de fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago, unha maqueta dos monumentos da Terra de Melide, capiteis medievais, sartegos funerarios do século XV, pintura mural e a historia do Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus.

Subscribirse a Titularidade privada