O Museo Casa da Troia esta situado en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, próximo á igrexa de San Martiño Pinario e a Catedral. O interior do museo recrea o ambiente e decoración da pensión de estudantes e da vida universitaria de Santiago a finais do século XIX, tal e como se narra na novela de Alejandro Pérez Lugín “La Casa de la Troya”. Sábese que dende 1886 ata 1906 a Casa da Troia funcionaba como hospedaría de estudantes, e tras a súa rehabilitación nos anos noventa, no edificio distribuíronse as estancias e cuartos da pensión tal e como aparecen na novela.
Tras a recepción na planta baixa, no primeiro andar recréase o antigo salón e zona de estudio, (ademais de ser noutras épocas o lugar de ensaio da tuna compostelá), e a sala de respecto, o lugar de recibir ás familias dos estudantes. No segundo andar están os dormitorios, e no ático atópase a cociña, na zona alta da casa para aproveitar a luz natural e a evacuación do fume.
No soto e antigas cortes dos cabalos (das que se conservan as propias escaleiras de baixada), atopamos actualmente obxectos e recordos das Tunas da Universidade de Santiago de Compostela en distintos anos que dende 1993 constitúen o Museo da Tuna, da que se mostran instrumentos musicais, becas, capas, trofeos, fotografías, etc.
O museo dispón dunha biblioteca histórica, composta por exemplares das distintas edicións da novela de Pérez Lugín, así como por publicacións de autores relacionados coa obra como Valle-Inclán, Camilo Bargiela, Manuel Casás, Enrique Labarta… e outras de temática compostelá.
Rúa da Troia, 5
15704 , Santiago de Compostela
Tlf. 981 585 159
visitas@lacasadelatroya.gal
Horario
Semana Santa: aberto no horario habitual dende o xoves 10 ata o domingo 20 de abril (ambos incluídos). Pechado o luns 14 e o martes 15 de abril.
Maio: A partir do 15, aberto de xoves a sábado
Xuño: xoves, venres e sábados
Xullo: días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 (de xoves a sábados). A partir do 15 abrirá de martes a sábado
Agosto: todo o mes (de martes a sábados)
Setembro: de martes a sábados ata o día 13. Resto do mes, de xoves a sábados
Outubro: de xoves a sábados (ata o día 11)
HORARIO 11:00-14:00 h / 16:00-20:00 h
Tarifas
Tarifa xeral: 3 €
Tarifa reducida: 2 €
RESERVAS 981 585 159 I 695 211 266 visitas@lacasadelatroya.gal
Todas as visitas son guiadas (25 minutos)