Creado en 1957, foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, do século XIII. Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas. Pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.
De entre todas as pezas destacan fundamentalmente: a arqueta de Santa Eufemia, o Misal Auriense (datado en 1494 o que lle supón ser considerado como o primeiro libro impreso en Galicia), a Cruz procesional atribuída a Enrique Arfe, e unha serie de esmaltes de Limoges que pertenceron a unha arqueta do século XII.
Catedral de Ourense. Praza do Trigo, s/n
32005, Ourense
Tlf. 608 505 531
courense@artisplendore.com
Horario
Horario de inverno
De luns a mércores: de 10 a 15 h e de 16 a 19 h
De xoves a sábados: de 10 a 19 h
Tarifas
Xeral (de 18 a 64 anos): 7 €
Xubilados/as (maiores de 65 anos): 6,50 €
Mocidade (de 13 a 17 anos e universitarios/as ata 25 anos): 5,50 €
Grupos (máis de 20 persoas): 4 €
*Estas tarifas inclúen a visita ao resto da catedral. Acceso por Patín Juan de Austria.