Ir o contido principal

Museo Catedralicio Diocesano de Tui

O Museo Catedralicio Diocesano de Tui está situado no interior da catedral, de estilo románico e gótico. O museo ocupa o espazo da Capela de Santa Catarina. Está formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio, do que se exhiben pezas coma cálices, cetros procesionais ou ornamentos sagrados. Cabe destacar a custodia de asento realizada polo ourive Juan de Nápoles Mudarra en 1602, e unha imaxe en madeira policromada da Virxe co Neno que data de finais do século XIV, principios do XV.

No claustro e na sala capitular pódese visitar a sección arqueolóxica na que se expoñen pezas procedentes de escavacións arqueolóxicas, do antigo coro románico, sarcófagos medievais, laudas visigóticas e antigas reixas da catedral. Dende a Torre da Homenaxe contémplase unha gran vista do Miño, da cidade de Tui e da fronteira portuguesa.

https://www.catedraldetui.com/gl/museo-catedralicio/

Catedral de Tui. Praza de San Fernando
36700 , Tui

Tlf. 986 600 511
bispado@diocesetuivigo.org

Horario

Horario de inverno (ata o cambio de hora)
De luns a sábado: 10:45-14:00 h / 16:00-19:00 h
Domingo: 9:00-12:30 h / 16:00-19:00 h
Horario de verán (ata o cambio de hora)
De luns a sábado: 10:45-14:00 h / 16:00-20:00 h
Domingo: 9:00-12:30 h / 16:00-20:00 h
Cubertas da catedral (xullo, agosto e setembro)
De luns a sábado ás 13:30 h
*Os horarios poden sufrir modificacións sen previo aviso por actos cultuais ou culturais.
*O último acceso á visita turística será sempre 30 minutos antes do peche.


Tarifas

Entrada xeral: 5,00 €
Cubertas da catedral (visita guiada): 9,00 € / pax