Ir o contido principal

Museo Histórico de Sargadelos

Museo Histórico de Sargadelos

O museo

As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimúndez Ibáñez, a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais Fábricas cesou no ano 1875.

Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso paseo dos namorados, o Pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o museo, a Casa da Administración. Tanto o museo, no que se pode contemplar a evolución na producción das Reais Fábricas de Sargadelos, como o resto do conxunto supoñen un percorrido pola historia industrial galega máis sobresaínte.

As Fábricas, Sargadelos
27891 , Cervo

Tlf. 670 267 239
elisa.sargadelos@yahoo.com.br

Horario


HORARIO DE VISITAS DE LUNS A VENRES

De outubro a abril de 11h a 17h

De maio a setembro de 12h a 18h

Apertura nas pontes 2026

19-20-21-22 de marzo

2-3-4-5-6 de abril

1-2-3 de maio

10-11-12 de outubro

5-6-7-8 de decembro

Aviso de días pechado por descansos 2026

16-17 de febreiro

31 de marzo

7 e 27 de abril

6-7-15 e 18-19-20-21-22 de maio

2-3 e 22-23-24 de xuño

16-17 de xullo

24-25 de agosto

1-2-3-4, 21-22-23 e 29-30 de setembro

1, 19-20 e 26-27-28-29 de outubro

13 e 16 de novembro

do 24 de decembro ao 6 de xaneiro


Tarifas

Entrada libre