Ir o contido principal

Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

Por primeira vez, o público poderá ver en persoa o manuscrito no que Martín Códax escribiu as súas sete cantigas de amigo, que inclúe tamén a melodía de seis delas. Esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa dialoga na exposición con pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como con obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.

Presentación do novo decreto para a creación de centros museísticos

Presentación do novo decreto para a creación de centros museísticos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este xoves 26 de marzo o decreto e a nova imaxe dos centros museísticos, unha norma que desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021 e coa que a Xunta de Galicia regula a creación, modificación e disolución dos centros dotándoos dun marco xurídico propio que non existía con anterioridade.

Inauguración da mostra Vou facer un paso de brillantes no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Inauguración da mostra Vou facer un paso de brillantes no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, inauguraron o xoves 26 de marzo Vou facer un paso de brillantes, a nova exposición do Museo Etnolóxico de Ribadavia resultante de dous proxectos realizados no centro de menores de Montealegre, en Ourense, e na residencia Nosa Señora dos Anxos, no municipio ourensán de Ribadavia.

Museos de cine

Museos de cine III ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña volve convocar este ciclo de cine, tras a boa acollida doas anos anteriores. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para así, ao través da mirada do autor, coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais.

Esta é a programación pormenorizada:

8 de abril: Los crímenes en el Museo de Cera (EEUU 1953) 85 min.

Busca do tesouro do Irmán Santiago

Busca do tesouro do Irmán Santiago Obradoiro para familias

O Museo do Viño de Galicia propón para esta Semana Santa un xogo para grandes e pequenos. De xoves a domingo, en dúas quendas, ás 12:00 h e ás 18:00 h, un monxe imaxinario será o protagonista dun xogo de pistas sobre os contidos e o propio edificio. A inscrición é de balde, ata completar o aforo de 20 familias.

Vou facer un paso de brillantes

Vou facer un paso de brillantes Resultado dos proxectos sociais "Fotosíntese" e "Tódalas cousas do mundo"

Trátase dunha lectura dos resultados e as conclusións dos proxectos "Fotosíntese" e "Tódalas cousas do mundo", levados adiante en novembro de 2025 no Centro de Menores de Montealegre (Ourense) e na Residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, para transformalos en contidos e produtos culturais e conformar con eles unha mostra expositiva no espazo do Museo Etnolóxico.

Presentación de libros

Presentación de libros Presentación de dous libros

Preséntase, por unha banda, "La huella ballenera en el norte de la Península Ibérica". Contido moi ligado ao Museo Massó, o autor, Álex Aguilar, presenta esta obra que é a súa vez unha introdución á historia do noso pasado baleeiro, e unha guía para percorrer cunha nova mirada os lugares nos que deixou a súa pegada.

O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives

O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives Visitas guiadas en primavera

O Museo de Belas Artes da Coruña inicia unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñen deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 

  

Nesta ocasión escóllese “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.

 

Xoves e sábados ás 18:30 horas

Inscrición previa

LecturArte

LecturArte Club de lectura. Primavera 2026

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha nova edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Subscribirse a