Ir o contido principal

Do 12 de marzo ao 20 de xuño do 2026 - 18:30h O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives Visitas guiadas en primavera

O Museo de Belas Artes da Coruña inicia unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñen deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 

  

Nesta ocasión escóllese “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.

 

Xoves e sábados ás 18:30 horas

Inscrición previa

Información xeral: 

· A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 persoas. 

· A inscrición abrirase o luns de cada semana, ás 10 horas, a través do formulario da páxina web do museo.